Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Volta ao fogar

Percibo a súa silueta
fragmentada no bafo do recordo.
E empéñome en abrazar a súa transparencia.
Ao lonxe deste mundo onírico
agoniza o meu exilio.
Porén, regresa a miña fame de afectos
a rebuscar entre as raíces deste verxel
que os meus ollos contemplan.
E atopo a man da nai,
magoada e comprensiva,
que agarda no niño rompido,
co seu manto vixía de aloumiños.
leer más   
4
sin comentarios 87 lecturas galegoportu karma: 58

Enciéndeme este último cigarrillo

Nunca sé cómo comenzar un poema,
tampoco cómo terminarlo.

Llega un punto en la vida en que caminas por inercia,
supongo que lo demás es más o menos igual,
escribir
con la locura atenazando cada uno de los versos
y la sangre martilleando la mente
tratando de hallar salida
a este laberinto
del que no existe forma de escapar.

Le miré
y vi que su sonrisa prometía un paraíso perdido.

Toda una vida se escapa entre los dedos
cuando los relojes ya se han detenido
y la eternidad
es nada para los mortales,
y nosotros solo somos seres
que se consumen como velas y candiles ardiendo
afanados…
3
sin comentarios 78 lecturas galegoportu karma: 38

Virar a folla

É tempo de recuncar e de virar a folla.
O meu ollar pérdese
nun horizonte sombrizo de dúbidas e medos.
Esvaran as gargalladas
polos carreiros húmidos
desta cidade do esquecemento.
O chan vólvese circular aos meus pés.
A afastada lembranza do ser
achégase a esta soidade
que penetra polas miñas mans luxadas.

As paredes miran cara min.
Case non lle quedan folgos,
pero aínda latexan.
Agonizan, paseniñamente,
mentres eu vou esmorecendo ao seu carón.

Aceda amargura
bótase por riba de min
con aparellos de rabia.
Noutro tempo espallábase o riso
pola beiramar da miña faciana,
que…
leer más   
4
sin comentarios 94 lecturas galegoportu karma: 42

Alumear [Canción dedicada ao Día das Letras Galegas]

Alumea a candea
no berce do riso,
na bágoa da estrela,
na soidade e na leira.

Alumea o corpo
da moza fermosa
no tempo enxoito
de amores tolos.

Alumea a lareira
no frío inverno
de viño e lerias,
de nobres fervenzas.

Alumea o pobo
de raigame vella
no agromar dos soños
co recendo dos mollos.

Alumea a ledicia
das apertas da avoa,
da fresca moreira
acariñando a silveira.

Alumea a candea…
Alumea o corpo…
Alumea a lareira…
Alumea o pobo…
Alumea a ledicia…
E apágase o meu canto.
leer más   
7
6comentarios 163 lecturas galegoportu karma: 44

Cidade de cristal

Vida emerxendo na cidade de cristal.
Nesta balsa húmida as gaivotas
bailan a súa danza xeométrica.
Con voos tarabelos
rompen a maxia líquida
da cuberta transparente e saborosa
no abrente do día
e suspéndense os meus pensamentos escuros
co altofalante asombroso
dos sons doces da natureza.
leer más   
7
4comentarios 113 lecturas galegoportu karma: 48

A chorima

A chorima é amarela
e alumea, coas súas flores pequenas,
o meu camiñar perdido.

É tan fermosa e esquiva
que, ao tentar tocala,
as súas xestas rexéitanme,
non me queren preto
e feren os meus dedos.
Pero non saen laios da miña boca.
A afouteza punzante das pólas
ha de protexer
a tan extraordinario tesouro,
que agroma sen medo no monte,
co feitizo abraiante
da natureza enraizada na pel do tempo.

A chuvia miúda da primavera
molla a flor do toxo
e a súa cor
parece coma un raio de luz
orgulloso do seu existir.
leer más   
3
2comentarios 97 lecturas galegoportu karma: 60

Escuma namorada

Os teus bicos de sal,
bravos e fortes,
son escuma dos meus alicerces,
luz na brétema das ondas.

Eu devezo por te ter preto,
mentres ti, como trasno rebuldeiro,
cando os meus dedos te rozan,
agóchaste no mar xigante.

Pídovos que non vos burledes máis,
remuíños brancos e azuis,
desta miña ribeira.
Detede o voso vaivén revoltoso
e latricade un pouco comigo
sobre sereas e naufraxios,
sobre mareiras e horizontes,
ata que o solpor peche
os nosos ollos pequenos e salgados.
leer más   
11
6comentarios 139 lecturas galegoportu karma: 50

Fero mar

O arao laiase
no mar que o fire
con ondas de tormento e
espaventos húmidos
de furia e pranto.
leer más   
5
sin comentarios 83 lecturas galegoportu karma: 54

Loucura de non te ter

Laios na profundidade do abismo
da distancia negra,
do afastamento, da saudade.

Berros de louco desespero
cando te sinto lonxe,
meu amado ausente.

Achégase a túa memoria
ao meu corazón feble
e a dor de non te ter
faime tremer,
acubillarme no aire suspendido
dos recordos
e eu esquézome
de que ti non queres tristura,
de que me estás sorrindo sen eu velo.
Aló,
lonxe,
no universo.
leer más   
14
4comentarios 148 lecturas galegoportu karma: 58

Praia de Miño

Praia do garimoso aniño
onde as augas non sempre morden
son as termas que rozan os vinte (grados)
pros frioleiros do agreste norte

O urbanismo segoulle o encanto
dos pobos mariñeiros de antaño
coas suas casiñas de rugosa pedra
cos seus tellados de vermellos labrados
cos seus prados de variados verdes
cas suas encharcadas cortiñas
cas suas fragas de frondos piñeiros. (pinos)

Co seu arco da vella acaendo na terra (arcoiris)
diadema na nena o día de festa

As praias amosan sorrisos
nos areais contorneados
As rochas asemellan moas (muelas)
refuxio de cangrexos e polbos. (pulpos)
Agradecidos asentos de seixo*
onde o cu buscará o seu xeito. ( acomodar)


(A ese Miño de doces e salgadas augas
recuncho de pausas e enredos) (juegos)
leer más   
9
8comentarios 259 lecturas galegoportu karma: 60

Amores etílicos

Doce aroma a pacharán.
Sabor agrio de augardente.
Eres o mellor brebaxe
e así quixera beberte.

Non quero auga no corpo.
Quero ron pa emborracharme.
Quero o teu doce licor
para acabar de matarme.

A tua paixón ben queimada
deixa o meu corazón quente.
Embriagado de amor.
Alcohólico reincidente.
leer más   
14
4comentarios 202 lecturas galegoportu karma: 47

Arrolos

O berce arrinca berros
de desesperada tristura
na nena esperta.

Cando a candea do día
se agocha tras a fiestra
a rapariga chora coa fame
e a nai espanta a súa ansia
con arrolos de sono
para facelo aire,
para que voe como a bolboreta
na verde paisaxe.

A meniña de ollos grandes
mira á súa nai durmida
e tenta acariñala
coa súa pequecha man,
con balbordos inconexos e doces
dicindo, ao seu xeito,
«Durme, querida mamá, durme».

[Ilustración: Margarita Viz Blanco].
leer más   
13
13comentarios 233 lecturas galegoportu karma: 60

Na leira

Traballaba na leira.
Os seus sucos da pel convertéronse en fendas
dun tempo de sol e chuvia,
de sacrificio e dor.

A vella non foi nunca nena.
Non sabía xogar.
Non quedaba tempo.

Hoxe as campás choran.
Disque é pola señora Venancia,
a que traballaba sen descanso
no agromar do día e no esgotado solpor.
Ninguén se laia.
Ninguén a bota de menos.
Morreu soa.
Na leira.
leer más   
4
3comentarios 128 lecturas galegoportu karma: 50

Néboa branca

A cidade mergúllase na branca asfixia.
Abafante.
Estraña.
Doente.
Fito cara esta brétema agoirenta
para afastala da miña gorxa.

Quizais se a retrato
remate a angustia ameazante.

Xa te teño, ceo de medos!
Véxote doutro xeito, agora.
Es fermoso e lene
e eu non me decataba,
malpocada de min!

Mutatis mutandis.
leer más   
5
9comentarios 174 lecturas galegoportu karma: 52

Sen futuro

Non hai futuro nin infinito
se as mans teñen fame,
se os lobos non ouvean
baixo a póla da árbore.

Sigo a agardar a chuvieira
que enchoupe a miña dor
neste presente noxento,
neste desacougo mol.

Axigántanse as sombras
mentres a lumieira esmorece
e eu encóllome coma a tartaruga
que pola súa liberdade devece.
leer más   
6
sin comentarios 116 lecturas galegoportu karma: 45

O meu pai

O carballo egrexio da miña memoria,
árbore de raíces nobres,
segues a ser ti.
Cando sinto desacougo, as túas ramas abránguenme
dun xeito agarimoso e máxico
e o balbordo da miña alma inqueda
disólvese nesa rompente doente
que tenta crebarme.
Mais non me dobregará xamais.

Non teñas medo, meu querido pai.
Mentres a túa sombra me acubille
non haberá tronada nin ferinte sol
que me atravese.
Porque ti estás comigo.
leer más   
5
sin comentarios 106 lecturas galegoportu karma: 45

Nunha man, catro praias

Sentin
A falsedad dos Vilares
con so mollar os nocellos* (tobillos)
a prudencia fixo presencia
o lonxe vin un presaxio

Ela respetou esa retirada que ofrece
unha presa marcando a distancia

Pero co oleaxe, segueume buscando
pero co vento, segueume chamando

Areal que ten por costume
regresar cada ano a terra
a inconsciencia dun confiado
os nove días, traeno a marea

Vin
un domingo a Razo asomando
a sua marabunta de agua salgada
baixei as escadas e deixei pegadas*(huellas)
facendo camiño na área mollada

Ollei
as suaves dunas de Corrubedo
area dourada no mar aberto
extraño agasallo que…
leer más   
11
10comentarios 344 lecturas galegoportu karma: 60

Correr

Corro para afogar a mágoa de non te ter,
mesturada coa xente que non coñezo.

Apuro a miña vida para chegar a ningures
e logo dar a volta
e contemplar o teu sorriso no espello.

Marcho á présa, sen despedirme,
porque me saíron ás de liberdade
nesta noite de somnámbulos soños.

Bule o meu folgo
coa aventura que me agarda.
Nin o solpor fará desvanecer
a ledicia do meu voo
por leiras e prados,
por contos, risos e laios.

Corro para avanzar
entre as herbas e o millo,
nas rúas da cidade
e entre as páxinas do meu libro
que agroma ao mencer
e dorme nas horas fuxidías da fin do día.

Só a gadaña do devir
poderá interromper esta fermosa viaxe.
leer más   
13
6comentarios 249 lecturas galegoportu karma: 35

O pesadelo

Os laios esmorecidos dos teus beizos
derruban
a sonoridade xorda da miña afouteza,
ferida aberta dos anos mortos
que agochan medos.
.
Estás diante de min.
Pecho os ollos
para non ver o sangue do teu corpo
achegándose aos meus brazos inmóbiles,
á parálise abraiante que me percorre.

O pesadelo molla o meu rostro esperto.
Dormes cun sorriso doce.
Mentres, eu choro sen bágoas
polo arrepío e a angustia
de te perder.
leer más   
4
sin comentarios 110 lecturas galegoportu karma: 60

Neboa

Ergueuse o albor da maña
baixo unha cúpula prateada
un manto de neboa condena
un novo dia a branco e negro

¿Onde durmen os tonos cálidos?
os ocres, naranxas, vermellos

¿Quen os leva secuestrados?

-Un pintor gardaos no peto
na sua paleta so trae
tristes grises apagando
as nosas amadas fragas,
dos seus saturados verdes

Pintor¿por qué olvidas o norte?
Pintor¿por qué alargas o inverno?
Pintor¿por qué so traes pena?
Pintor¿qué gardas no peto?
leer más   
10
11comentarios 299 lecturas galegoportu karma: 91
« anterior123