Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

O rap da kelly (parte 4)

(dunha, kelly,
fixen, un rap,
haino, que ler,
o ritmo, do principe,
de Bel-Air)

Manteño a forma

Subindo escadas
xa fago o steep
queimo as grasas
do doce e o cafe

Facendo as camas
dobro as pernas
para someter as sabas
velahi, as sentadas

Con toda esta tabla
para cando sea vella
estarei mais lixeira
serei mais liviana

Ese tramo de vida
xubilareino
a beira da praia
casiña de pedra
a caron da lareira

O vento do norte
rebumbio no pelo
o salitre da costa
bicando os nocellos

Ollarei o solpor
dende as xanelas
amosando o amor
polas cousas sinxelas

As mareas traeran
escumas brancas
Abrindo as contras
entrarán alboradas
leer más   
3
4comentarios 128 lecturas galegoportu karma: 60

A túa sombra

Abonda xa de desacougo.
Deixo de pechar os ollos
ao real desprezo do tempo sen ti
e berro no silencio do teu abandono.

Canseime de agardarte,
de que non repares no brillo dos meus ollos
reflectido nos teus.
Sinto vergoña de vivir neste cárcere
sen ser capaz de gañar a partida
ao desamor.
Mentres, ti gábaste de non precisar
o meu agarimo ao teu carón.

Ficarei no leito
e acubillareime na túa sombra.
Ela sempre estará comigo
e atoparei, dese xeito,
na súa escura e calada transparencia,
o meu consolo.
leer más   
5
4comentarios 155 lecturas galegoportu karma: 63

Banco do amor

No teu regazo acunaches
os bicos maís inocentes,
Primeiros achegamentos
deses beizos adolescentes.

Do frio vento do Norte
tes muros que te protexen.
Encaras teu asento o sol
para que as parellas se senten.

Nun afastado lugar,
lonxe da poboación,
prestas os teus servizos
en segredo e discreción.

As tuas costas presenciaron
bágoas dos corazóns,
algunha vez de alegría
pero outras veces de dor.

Cando os namorados medran
e marchan do teu carón,
lembralos con morriña
maís non lle gardas rencor.

Non eres moi ostentoso
para non infundir temor,
nin miras a quen acolles,
xeneroso…
leer más   
18
9comentarios 252 lecturas galegoportu karma: 60

A vibración

Tensa está a corda.
Fío invisible entre a vida e a morte.
Unha bolboreta azul
camiña por ela
coa vibración doce
da memoria revivida no meu peito.
Cos beizos fríos.
Coas mans encolleitas.

Pouso a miña ollada
no xardín sombrío da melancolía.
Un sorriso achégase a miña boca
ao lembrar a beleza
dos días de sol
e da auga baixando polo regato.
E ti, ao meu carón.
leer más   
14
8comentarios 201 lecturas galegoportu karma: 64

Mimosa

Cando todos perden roupa
Ti visteste de amarelo,
a mesma cor ca do sol
que da calor en inverno.

Amosas as tuas flores
con valentía e sen medo,
non lle temes as borrascas
nin o frio nin o vento.

Eres dourado botón
no manto do monte espeso
e a tua invasora beleza
non e vista con recelo.

Debería de odiarte
máis eu non podo facelo,
daslle alegría os meus ollos
en este triste xaneiro.

A tua exótica maldade
derramase polo terreno,
unha fermosa infección
que se extende sen remedio.

Eres árbore de Troia.
Eres un dulce veleno.
Un merecido castigo
por prantar o que non debemos
leer más   
14
8comentarios 245 lecturas galegoportu karma: 46

Terra natal

A tua pel e rugosa
pero está ben hidratada
e a tua pelaxe verde
abrigate das xeadas.

Teus muiños son piollos
que beben sangue de rio
e cos seus dentes de pedra
fan a fariña de trigo.

Tua figura femenina
de formas redondeadas
mantense fértil e viva
gracias as suas montañas.

Os teus valados de pedra
son lineas ben limitadas
que van cosendo o teu corpo
de propiedades privadas.
Non importa o seu tamaño,
un ferrado ou duas hectáreas
todas teñen o seu dono
estén, ou non, cultivadas.

O mar e un bon carpinteiro
que no inverno ven ca machada,
fai leña co litoral
fendendo as pedras en rachas.

As nubes nacen en tí,
nas bágoas da tua cara
cando choras polos teus fillos
por que emigran e marchan.

Os peixes pastan no mar
comendo das suas algas
e na terra a herba verde
para que naden as vacas.
leer más   
13
10comentarios 293 lecturas galegoportu karma: 56

Paisaxe pausada

Harmonía na calma.
Ondas que se deitan, agardando o solpor.
Beleza azul case negra.
As cores esvaecen ameazadas por as sombras da noite.

Contemplo o horizonte. Mañá será diferente.
Unha nova función no teatro do mundo.
leer más   
5
sin comentarios 83 lecturas galegoportu karma: 54

Meu ben querido irmán

Non me esquezo da pureza branca do teu pelo,
da solemnidade do teu bigote nun rostro tan mozo,
da sabedoría que reflectían, sempre, as túas verbas.

Como non te vou ver, decotío,
en cada home de neve
que, nestes invernos ausentes,
se cruza no meu camiño?

O teu nome sonoro, firme,
resoa na dor ardente
que chora nos acordes do violonchelo
acariñado por as mans do teu fillo.

Deixaches unha pegada xigante, Ramón,
nesta miña ribeira deserta
que non existen ondas que a poidan borrar
nin eu quero que as haxa.

Aquel dous de xaneiro
un baleiro encheu de tristura
á miña familia.
Mais, mentres o meu alento non esmoreza,
non morrerá a túa memoria, meu ben querido irmán.
leer más   
10
8comentarios 200 lecturas galegoportu karma: 59

Cidade triste

Cidade de vermes desacougados
que se arrastran por desérticas rúas.
Espellismo do esquecemento.
leer más   
5
sin comentarios 85 lecturas galegoportu karma: 34

A catedral

As bisagras renxen
de devoción ardente
nos seus piares cicelados polos séculos.

A catedral ollábame, solemne,
nos meus días estudantís e os meus paseos,
con xentil silueta,
sempre tenra e preta,
facendo que a cidade respirase
ao son das súas campás.

Lembro a Bach vibrando no órgano
e provocando a miña emoción pura.
O frescor dos seus muros de pedra
e a altura inmensa das columnas,
sendo eu tan pequena.

Un artefacto estraño,
de cando en vez,
voaba, desprendendo un cheiro intenso
nun baile rítmico e asombroso.
Estarrecía ser presa da súa danza.

O templo presume dunha louzanía nova,
agardando a que eu volva,
coa paciencia do que non espera nada,
entretida por milleiros de peregrinos que a cortexan.

Sempre estará
cando precise dela,
por iso non choro
cando teño que estar lonxe,
por iso o sorriso asoma
coa súa fermosa lembranza
reflectida no meu sentir.
leer más   
10
4comentarios 176 lecturas galegoportu karma: 57

Praia de Razo

Sempre no mesmo lugar
pero sempre en movemento,
eres un mar de costumes.
Un oceano de péndulo.

O teu inmenso areal
con dunas cheas de sendeiros,
sitio para ir a pasear
os amores mais intensos.

Onde a tua extensión remata,
comenza a dos labregos
que estercaban cas tuas algas
para que deran bos grelos.

As rochas loitan a morte
contra o mar o ano enteiro
e as que caen na batalla
fanse area en pouco tempo.

Os teus fondos submarinos
son torpedos traizoeiros,
que apuñalan os cascos
dos mercantes e os veleiros.

Eres temor e sustento
de todos os mariñeiros
e tamén o paraíso
dos surfistas…
leer más   
13
3comentarios 205 lecturas galegoportu karma: 58

Parede de area

Ningunha onda xigante
poderá derrubarte, valado querido,
nin dobregará a túa grandeza de area,
de monumento mudo
nesta praia esquecida.

O mar acubíllase na túa parede
e vólvese tranquilo, agarimoso,
a carón da túa fraxilidade fermosa,
a da montaña de grans diminutos
convertidos nunha montaña sólida e firme
que nos asexa.
leer más   
14
7comentarios 210 lecturas galegoportu karma: 52

Temporal

Borrascas caracoleiras,
Isobaras apretadas,
Moita leña nas lareiras.
As portas todas pechadas.
Os rumorosos xa berran
cas suas polas dobradas,
as suas raíces fondean
nas pedras que ainda aguantan.
Un mar que nunca descansa,
unha costa maltratada.
As gaivotas van a terra.
O mariñeiro xoga cartas.
O silencio sempre chega
cando o vento e quen manda,
que fai emigrar as tellas
dos seus teitos asentadas,
como o fan as follas vellas
das suas copas arrancadas.
O sol mantense a espera.
A lua non se ve nada
As nubes abrigan estrelas
mentres o temporal non pasa.
Mais cando a calma regresa,
os astros voltan con ganas,
van alumbrando nas fiestras
e sacan a xente das casas.
Os temporales e os amores
por onde pasan arrasan,
veñan do norte ou de Azores,
de Galicia nunca escapan.
leer más   
15
6comentarios 182 lecturas galegoportu karma: 39

Afúndome

Afúndome nunha padiola de delirios.
O medo anquilosa a miña beleza caduca
e tento poñer o pé no estribo do meu universo.
A miña loucura crébase baixo o seu propio desconcerto.
Os voitres suspiran.
Días soleados de afectos moribundos acoden a min.
Prisioneira, busco unha saída.
Son outra fera engaiolada
entre nigromantes perdidos.

(En: MAR DE CHUVIA SECA, no prelo)
leer más   
13
4comentarios 202 lecturas galegoportu karma: 64

E que podo facer eu?

E que podo facer eu
se a marea
arriba a miña ribeira
coa melodía impetuosa e virulenta
dos medos?

Podo, tal vez, varrer a carraxe
do teu rostro
cando as bágoas lamben
as miñas engurras rancias?

É posible que as miñas mans
xa non servan para agarimar
nin acoller agasallos tenros.

E como podo eu facer
se se apagou
a lúa chea no mesmo intre
da túa fuxida covarde?
leer más   
9
13comentarios 195 lecturas galegoportu karma: 45

A viaxe

Viaxe a ningures coa maleta chea.
Ferida de medo que podrece.
Fame para hoxe e tamén para mañá.
Tristura por estar a perder o rastro da vida.
Desexo de desandar o camiño e acoller a aperta fértil.
Terra que chora pola súa xente.
Morriña. Afastamento.
Negrura infinda.
leer más   
14
8comentarios 175 lecturas galegoportu karma: 56

O faro

Disque o mariñeiro orfo de agarimo
é alumeado polo seu fogo intermitente
cando a marusía estarrece a dorna
e o amor está moi lonxe.

Abraia a beleza da Torre fermosa
e tamén a da miniatura azul
que loce naquel recuncho do orgullo coruñes.

As pedras silentes agochan
contos vellos de naufraxios e reencontros,
de xuntanzas populares,
tronadas virulentas enchoupando almas
e ferintes soles do mes de agosto.

As estrelas devecen por pousarse
na lanterna brillante
e apagar ao fachendoso faro,
pero non son quen de conquerilo.

Hércules quixo, tamén, facela súa,
mais o universo arrebatouna
das fortes mans do heroe
para entregala a nós, os seus admiradores fieis,
por sempre.
leer más   
15
9comentarios 273 lecturas galegoportu karma: 49

Pedras e borboletas

Não posso esquecer
as pedras do caminho
seus beijos no rio
as borboletas sem frio.
Você não sabe...
quanto eu a amava
todos os meus dias
todas as minhas tardes.
Pedras e borboletas
estradas esquecidas...
um beijo na praia
meu coração sem amor.
Você deixou ...
seu amor esquecido
nas pedras do caminho
em borboletas sem frio.
Agora eu não sei...
o que vou fazer
com pedras e borboletas
e meu coração vazio.

AL Agus
leer más   
4
sin comentarios 70 lecturas galegoportu karma: 37

Sul, azul e bacallau

Sopra un vento de nordés que pon os pelos como escarpias ó máis valente.

En días como o de hoxe só podo acurrucarme na miña póla agardando a que a tormenta escampe e poida de novo saír a dar os meus paseos habituais polo bosque.

Nestes días de tormenta o ceo cárgase de pensamentos pretos e a néboa invade todos e cada un dos recunchos do alma, até deixala completamente esnaquizada no que era.

Disque é cousa do clima e que os mandrís non servimos para bosques tan chuviosos. Non sei, a min no me preguntedes que é a primeira vez que estou tan lonxe da miña sabana.

Había veces…
4
2comentarios 144 lecturas galegoportu karma: 52

O Pazo

Cando vexo o fío de fume branco
atravesar o ceo,
penso no vello pazo da miña nenez,
na agarimosa lareira e no pote renegrido,
nas historias contadas e por contar
dunha avoa tarabela,
gustosa de asustar aos inocentes netos
con lobos famentos.

Senlleiro era o señor Diego,
caseiro centenario,
fumador dende os seis anos.
Unha delicia escoitalo
nas tardes frías do inverno,
coa sabedoría mamada no berce
e esa retranca tan súa.

Hoxe o pazo baleirouse
dos chíos inquedos dos rapaces,
que xogaban agochados entre o millo.

Lembranzas acoden ao meu maxín:
as colleitas de tomates e pementos
como…
leer más   
12
6comentarios 154 lecturas galegoportu karma: 57