Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Poesía sublimada

En cada anaco de vida,
un verso e o seu balbordo inquedo
queren atrapar a esencia última
do meu elixir máis íntimo.
Tento mostrar indiferenza,
pero o poder da poesía é tan inmenso
que a miña vontade esvaece
e me eleva ata a sublimación absoluta.

Dun verso arrinca outro,
coa emoción engadida no seu peto.
Eu, con torpe trazo,
traslado a intensidade lírica ao papel,
leo, corrixo e volvo ler,
mentres sorrío e choro,
nunha chuvia de sentimentos abraiantes.
Cando remato, a vida monótona
engúleme na súa boca famenta e fría,
ata que o poema volve chamar
na miña porta.
leer más   
10
10comentarios 225 lecturas galegoportu karma: 59

Color

El cielo es azul.
La arena es amarilla.
Las hojas son verdes.
Las flores son rosas.

A cada cosa le pertenece
un color.
He visto mil colores en el
mundo alrededor.
Pero te veo, y no puedo identificar
tu color.

Ahora dime,
Que nuevo color eres tu?
leer más   
5
sin comentarios 76 lecturas galegoportu karma: 32

O cemiterio

Durmindo están os corpos
no cemiterio verde.
Non están mortos, seica.
Din que os viron vagar polo val
escorrentando bruxas,
facendo oco nos seus cadaleitos
para acoller os risos dos nenos.

Pola noite, acubíllanse baixo a lousa
e dormen, tranquilos,
porque xa estiveron vivos
e, agora, desfrutan
da paisaxe calada
e das pegadas perdidas
que, de cando en vez,
tentan espertalos
do profundo sono
no que están mergullados.

Non son esquecidos,
pero sí temidos
polos que andan a estribillar no mundo.
Calquera día,
xuntaránse todos
a ver pasar a morte,
a ver esmorecer a vida.
leer más   
14
12comentarios 180 lecturas galegoportu karma: 46

Lembranza

O mencer apaga as miñas bágoas
cando, tras a noite de tristura,
lembro o teu xeito de amarme.
Miro ao meu redor,
ao hórreo que, dende décadas,
agarda as mazorcas amarelas,
na escuridade da memoria,
e aparece o teu corpo ausente,
facendo que a chuvia non me molle,
que o gando pareza sorrir
na reverdecida paisaxe galega.

Na lareira, ao enxoito,
o vello avó bebe viño quente
e eu esquezo o percorrer da vida
neste silencio azul do meu fogar.
leer más   
7
4comentarios 155 lecturas galegoportu karma: 50

Hoxe soñei que eras mar

Hoxe soñei que eras mar
e que eu era a tua costa,
con escuma escribin o teu nome
esperando a tua resposta.
Abrigeime co teu manto
de auga salgada e fría.
Loitei coas tuas ondas
en eternas embestidas.
Cubriaste cada noite
con traxe feito a medida,
un vestido de cor negro
con estrelas infinitas.
Tiveches amantes náufragos
que che entregaron a vida
e botachesmos nas mans
cando xa non os querias.
Eres a nai dos golfos,
dos cabos e das bahías,
tamen sempre eres testigo
de multiples despedidas.
Bicando a tua pel azul
despertei sen compañia,
hoxe soñei que eras mar
e que nunca serias miña
leer más   
5
8comentarios 249 lecturas galegoportu karma: 44

Retrouxos dunha inesgotable resistencia no Atlántico

Era unha tarde de finais de verán,
e o interminable latexar do mar
mesturábase ca calma que se respiraba no ar.

Dinís, no alto no cantil,
vixiaba o punto de fuga do horizonte
como una sombra imperenne que non pode fuxir
dos retrouxos do tempo,
dos arrumacos do vento,
dos recordos e os enguedellamentos
do seu corazón marcado polo amor do norte.

Agosto esbaraba lentamente tras o Pinheiral do Rei,
e él,
non podía facer outra cousa que comezar a contar,
cos poucos coñecementos que tiña,
as horas,
os días,
os meses,
como unha ringleira inesgotable de solpores baleiros até poder vela de…
6
4comentarios 183 lecturas galegoportu karma: 49
123» siguiente