Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

A chorima

A chorima é amarela
e alumea, coas súas flores pequenas,
o meu camiñar perdido.

É tan fermosa e esquiva
que, ao tentar tocala,
as súas xestas rexéitanme,
non me queren preto
e feren os meus dedos.
Pero non saen laios da miña boca.
A afouteza punzante das pólas
ha de protexer
a tan extraordinario tesouro,
que agroma sen medo no monte,
co feitizo abraiante
da natureza enraizada na pel do tempo.

A chuvia miúda da primavera
molla a flor do toxo
e a súa cor
parece coma un raio de luz
orgulloso do seu existir.

etiquetas: chorima, flor, galega
3
2comentarios 98 lecturas galegoportu karma: 60
#1   Fermoso
votos: 1    karma: 40
#2   #1 Grazas!!
votos: 0    karma: 20
comentarios cerrados