Tensa está a corda.
Fío invisible entre a vida e a morte.
Unha bolboreta azul
camiña por ela
coa vibración doce
da memoria revivida no meu peito.
Cos beizos fríos.
Coas mans encolleitas.
Pouso a miña ollada
no xardín sombrío da melancolía.
Un sorriso achégase a miña boca
ao lembrar a beleza
dos días de sol
e da auga baixando polo regato.
E ti, ao meu carón.
etiquetas: vida, morte, amor 204 lecturas galegoportu karma: 64
Abrazos, amiga.