O berce arrinca berros
de desesperada tristura
na nena esperta.
Cando a candea do día
se agocha tras a fiestra
a rapariga chora coa fame
e a nai espanta a súa ansia
con arrolos de sono
para facelo aire,
para que voe como a bolboreta
na verde paisaxe.
A meniña de ollos grandes
mira á súa nai durmida
e tenta acariñala
coa súa pequecha man,
con balbordos inconexos e doces
dicindo, ao seu xeito,
«Durme, querida mamá, durme».
[Ilustración: Margarita Viz Blanco].
etiquetas: arrolar, acariñar, durmir 281 lecturas galegoportu karma: 60
O final parece unha nana cantada da nena a nai