Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Correr

Corro para afogar a mágoa de non te ter,
mesturada coa xente que non coñezo.

Apuro a miña vida para chegar a ningures
e logo dar a volta
e contemplar o teu sorriso no espello.

Marcho á présa, sen despedirme,
porque me saíron ás de liberdade
nesta noite de somnámbulos soños.

Bule o meu folgo
coa aventura que me agarda.
Nin o solpor fará desvanecer
a ledicia do meu voo
por leiras e prados,
por contos, risos e laios.

Corro para avanzar
entre as herbas e o millo,
nas rúas da cidade
e entre as páxinas do meu libro
que agroma ao mencer
e dorme nas horas fuxidías da fin do día.

Só a gadaña do devir
poderá interromper esta fermosa viaxe.

etiquetas: lírico, carreira, vida, avanzar
13
6comentarios 249 lecturas galegoportu karma: 35
#1   Precioso!!! {0x1f499} {0x1f499} {0x1f44f} {0x1f44f}
votos: 1    karma: 40
#2   #1 Muchas gracias. Celebro que te haya gustado, María.
votos: 1    karma: 40
#3   Non por mais correr, se chega mais antes... Buen poema, que nos recuerda que la vida no debe ser rutina, debe ser cada día una nueva experiencia...
votos: 1    karma: 38
 *   Fran44Sombras Fran44Sombras
#4   #3 Muchas gracias por tu comentario, Fran.
votos: 0    karma: 20
#5   Bonito vía e, bonito camiñar e bonito voo✍️ {0x1f48c}
votos: 1    karma: 30
#6   #5 Grazas, Carmen. Unha aperta.
votos: 0    karma: 20
comentarios cerrados