E que podo facer eu
se a marea
arriba a miña ribeira
coa melodía impetuosa e virulenta
dos medos?
Podo, tal vez, varrer a carraxe
do teu rostro
cando as bágoas lamben
as miñas engurras rancias?
É posible que as miñas mans
xa non servan para agarimar
nin acoller agasallos tenros.
E como podo eu facer
se se apagou
a lúa chea no mesmo intre
da túa fuxida covarde?
etiquetas: desamor, inquedanzas 195 lecturas galegoportu karma: 45
Abrazos, amiga!
Un abrazo.
Mi abuelo paterno fue gallego, pero murió sieno yo un jovensito: Martín Calzada.
Lo recuerdo como un hombre muy elegante, serio, pausado pero de fuerte carácter y mujeriego correspondido según me contaban... Jajajaja
Abrazos