Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Meu ben querido irmán

Non me esquezo da pureza branca do teu pelo,
da solemnidade do teu bigote nun rostro tan mozo,
da sabedoría que reflectían, sempre, as túas verbas.

Como non te vou ver, decotío,
en cada home de neve
que, nestes invernos ausentes,
se cruza no meu camiño?

O teu nome sonoro, firme,
resoa na dor ardente
que chora nos acordes do violonchelo
acariñado por as mans do teu fillo.

Deixaches unha pegada xigante, Ramón,
nesta miña ribeira deserta
que non existen ondas que a poidan borrar
nin eu quero que as haxa.

Aquel dous de xaneiro
un baleiro encheu de tristura
á miña familia.
Mais, mentres o meu alento non esmoreza,
non morrerá a túa memoria, meu ben querido irmán.

etiquetas: ausencia, irmán
10
8comentarios 201 lecturas galegoportu karma: 59
#1   Entrañable y hermoso poema! Recuerdos que no se apagan. Un abrazo, amiga.
votos: 0    karma: 19
#2   Muchas gracias, María. Hace dos años que falleció. La herida sigue abierta.
votos: 1    karma: 39
#3   Un recuerdo que pervive en tus versos. Hermoso y emotivo poema. Abrazos.
votos: 1    karma: 34
#4   #3 Muchas gracias. Abrazos.
votos: 0    karma: 20
#5   Boa maneira de lembralo para que se faga inmortal nestes versos
votos: 1    karma: 36
#6   #5 Cando morreu dediqueille un poema en castelán, que incluín nun poemario que saeu á luz en 2018. Agora quixen lembralo en galego. GRAZAS!
votos: 0    karma: 20
#7   Bo poema, paisana. Onde queira que estea, o teu irmán estará moi orgulloso de ti .. Apertas !!!
votos: 1    karma: 40
#8   #7 Grazas.
votos: 0    karma: 20
comentarios cerrados