Traballaba na leira.
Os seus sucos da pel convertéronse en fendas
dun tempo de sol e chuvia,
de sacrificio e dor.
A vella non foi nunca nena.
Non sabía xogar.
Non quedaba tempo.
Hoxe as campás choran.
Disque é pola señora Venancia,
a que traballaba sen descanso
no agromar do día e no esgotado solpor.
Ninguén se laia.
Ninguén a bota de menos.
Morreu soa.
Na leira.
etiquetas: traballo, campo, sacrificio 170 lecturas galegoportu karma: 50
que se lle privan ir as leiras morren na casa de saudades, a unha que tiña tamen un nome daqueles, Dolfina chamabase, fixechesme
lembrala,
Moi b✍️