Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Na leira

Traballaba na leira.
Os seus sucos da pel convertéronse en fendas
dun tempo de sol e chuvia,
de sacrificio e dor.

A vella non foi nunca nena.
Non sabía xogar.
Non quedaba tempo.

Hoxe as campás choran.
Disque é pola señora Venancia,
a que traballaba sen descanso
no agromar do día e no esgotado solpor.
Ninguén se laia.
Ninguén a bota de menos.
Morreu soa.
Na leira.

etiquetas: traballo, campo, sacrificio
4
3comentarios 144 lecturas galegoportu karma: 50
#1   Soanme esas leiras e esas vellas
que se lle privan ir as leiras morren na casa de saudades, a unha que tiña tamen un nome daqueles, Dolfina chamabase, fixechesme
lembrala,
Moi b✍️ {0x1f48c} o poema
votos: 1    karma: 30
 *   Carmen77296986 Carmen77296986
#2   #1 É unha honra para min que te lembren, os meus humildes versos, a esa muller sacrificada, Dolfina. Unha aperta forte.
votos: 0    karma: 20
#3   Todo un orgullo morrer no lugar no que dedicaches a tua vida.
votos: 1    karma: 36
comentarios cerrados