Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Non entendo

Non entendo
o arume das flores
espallado pola horta,
cando o aire é abafante e espeso.

Non entendo
o idioma do ceo
cando lanza furia e arroutos,
de súpeto.

Non entendo
o bulir da auga baixo a ponte
rebordar no campo asolagado.

Non entendo
a paisaxe esquecida
nin a folla triste
da árbore.

Hai tanto que non entendo!

etiquetas: incomprensión, natureza, misterios
2
3comentarios 104 lecturas galegoportu karma: 40
#1   Pues sin acabar de entender tu poema gallego, deja un arume refrescante total.
votos: 1    karma: 39
#2   #1 Gracias por visitar mis poemas gallegos, aunque no los entiendas del todo. Abrazos.
votos: 1    karma: 39
#3   #2 Son hermosos, me encanta el idioma también.
votos: 1    karma: 39
comentarios cerrados