Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

O meu pai

O carballo egrexio da miña memoria,
árbore de raíces nobres,
segues a ser ti.
Cando sinto desacougo, as túas ramas abránguenme
dun xeito agarimoso e máxico
e o balbordo da miña alma inqueda
disólvese nesa rompente doente
que tenta crebarme.
Mais non me dobregará xamais.

Non teñas medo, meu querido pai.
Mentres a túa sombra me acubille
non haberá tronada nin ferinte sol
que me atravese.
Porque ti estás comigo.

etiquetas: pai, lembranza
5
sin comentarios 115 lecturas galegoportu karma: 45
comentarios cerrados