Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

O pesadelo

Os laios esmorecidos dos teus beizos
derruban
a sonoridade xorda da miña afouteza,
ferida aberta dos anos mortos
que agochan medos.
.
Estás diante de min.
Pecho os ollos
para non ver o sangue do teu corpo
achegándose aos meus brazos inmóbiles,
á parálise abraiante que me percorre.

O pesadelo molla o meu rostro esperto.
Dormes cun sorriso doce.
Mentres, eu choro sen bágoas
polo arrepío e a angustia
de te perder.

etiquetas: pesadelo, angustia, amor
4
sin comentarios 116 lecturas galegoportu karma: 60
comentarios cerrados