Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Banco do amor

No teu regazo acunaches
os bicos maís inocentes,
Primeiros achegamentos
deses beizos adolescentes.

Do frio vento do Norte
tes muros que te protexen.
Encaras teu asento o sol
para que as parellas se senten.

Nun afastado lugar,
lonxe da poboación,
prestas os teus servizos
en segredo e discreción.

As tuas costas presenciaron
bágoas dos corazóns,
algunha vez de alegría
pero outras veces de dor.

Cando os namorados medran
e marchan do teu carón,
lembralos con morriña
maís non lle gardas rencor.

Non eres moi ostentoso
para non infundir temor,
nin miras a quen acolles,
xeneroso anfitrión.

Non eres banco de peixes
que naden o mesmo son
pero moves os sentimentos
que se agrupan na pasión.

Tampouco eres banco de cartos,
esa non e a tua intención,
os teus únicos intereses
son ser un banco de amor.

Os préstamos que concedes
teñen pouca comisión,
Ofreces o teu descanso
a cambio do seu calor.
leer más   
18
9comentarios 245 lecturas galegoportu karma: 60

Temporal

Borrascas caracoleiras,
Isobaras apretadas,
Moita leña nas lareiras.
As portas todas pechadas.
Os rumorosos xa berran
cas suas polas dobradas,
as suas raíces fondean
nas pedras que ainda aguantan.
Un mar que nunca descansa,
unha costa maltratada.
As gaivotas van a terra.
O mariñeiro xoga cartas.
O silencio sempre chega
cando o vento e quen manda,
que fai emigrar as tellas
dos seus teitos asentadas,
como o fan as follas vellas
das suas copas arrancadas.
O sol mantense a espera.
A lua non se ve nada
As nubes abrigan estrelas
mentres o temporal non pasa.
Mais cando a calma regresa,
os astros voltan con ganas,
van alumbrando nas fiestras
e sacan a xente das casas.
Os temporales e os amores
por onde pasan arrasan,
veñan do norte ou de Azores,
de Galicia nunca escapan.
leer más   
15
6comentarios 174 lecturas galegoportu karma: 39

A viaxe

Viaxe a ningures coa maleta chea.
Ferida de medo que podrece.
Fame para hoxe e tamén para mañá.
Tristura por estar a perder o rastro da vida.
Desexo de desandar o camiño e acoller a aperta fértil.
Terra que chora pola súa xente.
Morriña. Afastamento.
Negrura infinda.
leer más   
14
8comentarios 162 lecturas galegoportu karma: 56

Amores etílicos

Doce aroma a pacharán.
Sabor agrio de augardente.
Eres o mellor brebaxe
e así quixera beberte.

Non quero auga no corpo.
Quero ron pa emborracharme.
Quero o teu doce licor
para acabar de matarme.

A tua paixón ben queimada
deixa o meu corazón quente.
Embriagado de amor.
Alcohólico reincidente.
leer más   
14
4comentarios 204 lecturas galegoportu karma: 47

A vibración

Tensa está a corda.
Fío invisible entre a vida e a morte.
Unha bolboreta azul
camiña por ela
coa vibración doce
da memoria revivida no meu peito.
Cos beizos fríos.
Coas mans encolleitas.

Pouso a miña ollada
no xardín sombrío da melancolía.
Un sorriso achégase a miña boca
ao lembrar a beleza
dos días de sol
e da auga baixando polo regato.
E ti, ao meu carón.
leer más   
14
8comentarios 192 lecturas galegoportu karma: 64

O faro

Disque o mariñeiro orfo de agarimo
é alumeado polo seu fogo intermitente
cando a marusía estarrece a dorna
e o amor está moi lonxe.

Abraia a beleza da Torre fermosa
e tamén a da miniatura azul
que loce naquel recuncho do orgullo coruñes.

As pedras silentes agochan
contos vellos de naufraxios e reencontros,
de xuntanzas populares,
tronadas virulentas enchoupando almas
e ferintes soles do mes de agosto.

As estrelas devecen por pousarse
na lanterna brillante
e apagar ao fachendoso faro,
pero non son quen de conquerilo.

Hércules quixo, tamén, facela súa,
mais o universo arrebatouna
das fortes mans do heroe
para entregala a nós, os seus admiradores fieis,
por sempre.
leer más   
15
9comentarios 267 lecturas galegoportu karma: 49

Parede de area

Ningunha onda xigante
poderá derrubarte, valado querido,
nin dobregará a túa grandeza de area,
de monumento mudo
nesta praia esquecida.

O mar acubíllase na túa parede
e vólvese tranquilo, agarimoso,
a carón da túa fraxilidade fermosa,
a da montaña de grans diminutos
convertidos nunha montaña sólida e firme
que nos asexa.
leer más   
14
7comentarios 203 lecturas galegoportu karma: 52

Praia de Razo

Sempre no mesmo lugar
pero sempre en movemento,
eres un mar de costumes.
Un oceano de péndulo.

O teu inmenso areal
con dunas cheas de sendeiros,
sitio para ir a pasear
os amores mais intensos.

Onde a tua extensión remata,
comenza a dos labregos
que estercaban cas tuas algas
para que deran bos grelos.

As rochas loitan a morte
contra o mar o ano enteiro
e as que caen na batalla
fanse area en pouco tempo.

Os teus fondos submarinos
son torpedos traizoeiros,
que apuñalan os cascos
dos mercantes e os veleiros.

Eres temor e sustento
de todos os mariñeiros
e tamén o paraíso
dos surfistas extranxeiros.

Santa Mariña sauda
ós paxaros viaxeiros
que voltan todos os anos
a labor de marisqueiros.

Ás tuas augas de seda
os golfiños van cosendo,
so deixan ver suas agullas
pa xogar e coller alento

Sempre cada temporada
recolles o teu proveito
roubando algunha alma
pa que durma no teu leito.

Vivir en ti e un risco,
pero non un sufrimento.
Ben o saben seus veciños
dende o día do nacemento.



Dedicado a familia Cambón ,Varela
leer más   
13
3comentarios 199 lecturas galegoportu karma: 58

O cemiterio

Durmindo están os corpos
no cemiterio verde.
Non están mortos, seica.
Din que os viron vagar polo val
escorrentando bruxas,
facendo oco nos seus cadaleitos
para acoller os risos dos nenos.

Pola noite, acubíllanse baixo a lousa
e dormen, tranquilos,
porque xa estiveron vivos
e, agora, desfrutan
da paisaxe calada
e das pegadas perdidas
que, de cando en vez,
tentan espertalos
do profundo sono
no que están mergullados.

Non son esquecidos,
pero sí temidos
polos que andan a estribillar no mundo.
Calquera día,
xuntaránse todos
a ver pasar a morte,
a ver esmorecer a vida.
leer más   
14
12comentarios 180 lecturas galegoportu karma: 46

Arrolos

O berce arrinca berros
de desesperada tristura
na nena esperta.

Cando a candea do día
se agocha tras a fiestra
a rapariga chora coa fame
e a nai espanta a súa ansia
con arrolos de sono
para facelo aire,
para que voe como a bolboreta
na verde paisaxe.

A meniña de ollos grandes
mira á súa nai durmida
e tenta acariñala
coa súa pequecha man,
con balbordos inconexos e doces
dicindo, ao seu xeito,
«Durme, querida mamá, durme».

[Ilustración: Margarita Viz Blanco].
leer más   
13
13comentarios 236 lecturas galegoportu karma: 60

Terra natal

A tua pel e rugosa
pero está ben hidratada
e a tua pelaxe verde
abrigate das xeadas.

Teus muiños son piollos
que beben sangue de rio
e cos seus dentes de pedra
fan a fariña de trigo.

Tua figura femenina
de formas redondeadas
mantense fértil e viva
gracias as suas montañas.

Os teus valados de pedra
son lineas ben limitadas
que van cosendo o teu corpo
de propiedades privadas.
Non importa o seu tamaño,
un ferrado ou duas hectáreas
todas teñen o seu dono
estén, ou non, cultivadas.

O mar e un bon carpinteiro
que no inverno ven ca machada,
fai leña co litoral
fendendo as pedras en rachas.

As nubes nacen en tí,
nas bágoas da tua cara
cando choras polos teus fillos
por que emigran e marchan.

Os peixes pastan no mar
comendo das suas algas
e na terra a herba verde
para que naden as vacas.
leer más   
13
10comentarios 286 lecturas galegoportu karma: 56

Mimosa

Cando todos perden roupa
Ti visteste de amarelo,
a mesma cor ca do sol
que da calor en inverno.

Amosas as tuas flores
con valentía e sen medo,
non lle temes as borrascas
nin o frio nin o vento.

Eres dourado botón
no manto do monte espeso
e a tua invasora beleza
non e vista con recelo.

Debería de odiarte
máis eu non podo facelo,
daslle alegría os meus ollos
en este triste xaneiro.

A tua exótica maldade
derramase polo terreno,
unha fermosa infección
que se extende sen remedio.

Eres árbore de Troia.
Eres un dulce veleno.
Un merecido castigo
por prantar o que non debemos
leer más   
14
8comentarios 238 lecturas galegoportu karma: 46

Loucura de non te ter

Laios na profundidade do abismo
da distancia negra,
do afastamento, da saudade.

Berros de louco desespero
cando te sinto lonxe,
meu amado ausente.

Achégase a túa memoria
ao meu corazón feble
e a dor de non te ter
faime tremer,
acubillarme no aire suspendido
dos recordos
e eu esquézome
de que ti non queres tristura,
de que me estás sorrindo sen eu velo.
Aló,
lonxe,
no universo.
leer más   
14
4comentarios 160 lecturas galegoportu karma: 58

O Pazo

Cando vexo o fío de fume branco
atravesar o ceo,
penso no vello pazo da miña nenez,
na agarimosa lareira e no pote renegrido,
nas historias contadas e por contar
dunha avoa tarabela,
gustosa de asustar aos inocentes netos
con lobos famentos.

Senlleiro era o señor Diego,
caseiro centenario,
fumador dende os seis anos.
Unha delicia escoitalo
nas tardes frías do inverno,
coa sabedoría mamada no berce
e esa retranca tan súa.

Hoxe o pazo baleirouse
dos chíos inquedos dos rapaces,
que xogaban agochados entre o millo.

Lembranzas acoden ao meu maxín:
as colleitas de tomates e pementos
como unha alfombra de cor fermosa;
na leira, o pombal xa non garda as pombas mensaxeiras;
na capela, non se escoitan rezos nin ladaíñas
e os sorrisos das queridas tías
esmoreceron para sempre.

Mais o pazo segue ergueito,
coa fidalguía incólume doutra xeira
esvarando pola pedra húmida
de séculos de lendas vividas.
leer más   
12
6comentarios 147 lecturas galegoportu karma: 57

Nunha man, catro praias

Sentin
A falsedad dos Vilares
con so mollar os nocellos* (tobillos)
a prudencia fixo presencia
o lonxe vin un presaxio

Ela respetou esa retirada que ofrece
unha presa marcando a distancia

Pero co oleaxe, segueume buscando
pero co vento, segueume chamando

Areal que ten por costume
regresar cada ano a terra
a inconsciencia dun confiado
os nove días, traeno a marea

Vin
un domingo a Razo asomando
a sua marabunta de agua salgada
baixei as escadas e deixei pegadas*(huellas)
facendo camiño na área mollada

Ollei
as suaves dunas de Corrubedo
area dourada no mar aberto
extraño agasallo que da un oasis
a un deserto saturado de verdes

Andei
por enrriba dos ocres tellados
das furnas do Xuño amargo
O desacougo de Ramón Sampedro
que nun erro pagou un mundo
que nun voo sentenciou o desterro

No cadaleito do seu sobrado
acompañou de recordos a saudade
de mar adentro, de mar de fondo
de mar de fondo, de mar amargo
leer más   
11
10comentarios 374 lecturas galegoportu karma: 60

Afúndome

Afúndome nunha padiola de delirios.
O medo anquilosa a miña beleza caduca
e tento poñer o pé no estribo do meu universo.
A miña loucura crébase baixo o seu propio desconcerto.
Os voitres suspiran.
Días soleados de afectos moribundos acoden a min.
Prisioneira, busco unha saída.
Son outra fera engaiolada
entre nigromantes perdidos.

(En: MAR DE CHUVIA SECA, no prelo)
leer más   
13
4comentarios 195 lecturas galegoportu karma: 64

Correr

Corro para afogar a mágoa de non te ter,
mesturada coa xente que non coñezo.

Apuro a miña vida para chegar a ningures
e logo dar a volta
e contemplar o teu sorriso no espello.

Marcho á présa, sen despedirme,
porque me saíron ás de liberdade
nesta noite de somnámbulos soños.

Bule o meu folgo
coa aventura que me agarda.
Nin o solpor fará desvanecer
a ledicia do meu voo
por leiras e prados,
por contos, risos e laios.

Corro para avanzar
entre as herbas e o millo,
nas rúas da cidade
e entre as páxinas do meu libro
que agroma ao mencer
e dorme nas horas fuxidías da fin do día.

Só a gadaña do devir
poderá interromper esta fermosa viaxe.
leer más   
13
6comentarios 270 lecturas galegoportu karma: 35

Neboa

Ergueuse o albor da maña
baixo unha cúpula prateada
un manto de neboa condena
un novo dia a branco e negro

¿Onde durmen os tonos cálidos?
os ocres, naranxas, vermellos

¿Quen os leva secuestrados?

-Un pintor gardaos no peto
na sua paleta so trae
tristes grises apagando
as nosas amadas fragas,
dos seus saturados verdes

Pintor¿por qué olvidas o norte?
Pintor¿por qué alargas o inverno?
Pintor¿por qué so traes pena?
Pintor¿qué gardas no peto?
leer más   
10
11comentarios 328 lecturas galegoportu karma: 91

A catedral

As bisagras renxen
de devoción ardente
nos seus piares cicelados polos séculos.

A catedral ollábame, solemne,
nos meus días estudantís e os meus paseos,
con xentil silueta,
sempre tenra e preta,
facendo que a cidade respirase
ao son das súas campás.

Lembro a Bach vibrando no órgano
e provocando a miña emoción pura.
O frescor dos seus muros de pedra
e a altura inmensa das columnas,
sendo eu tan pequena.

Un artefacto estraño,
de cando en vez,
voaba, desprendendo un cheiro intenso
nun baile rítmico e asombroso.
Estarrecía ser presa da súa danza.

O templo presume dunha louzanía nova,
agardando a que eu volva,
coa paciencia do que non espera nada,
entretida por milleiros de peregrinos que a cortexan.

Sempre estará
cando precise dela,
por iso non choro
cando teño que estar lonxe,
por iso o sorriso asoma
coa súa fermosa lembranza
reflectida no meu sentir.
leer más   
10
4comentarios 169 lecturas galegoportu karma: 57

Escuma namorada

Os teus bicos de sal,
bravos e fortes,
son escuma dos meus alicerces,
luz na brétema das ondas.

Eu devezo por te ter preto,
mentres ti, como trasno rebuldeiro,
cando os meus dedos te rozan,
agóchaste no mar xigante.

Pídovos que non vos burledes máis,
remuíños brancos e azuis,
desta miña ribeira.
Detede o voso vaivén revoltoso
e latricade un pouco comigo
sobre sereas e naufraxios,
sobre mareiras e horizontes,
ata que o solpor peche
os nosos ollos pequenos e salgados.
leer más   
11
6comentarios 158 lecturas galegoportu karma: 50
« anterior123