Non hai medo
na chaira da esperanza
nin baten as súas ás as pombas feridas
no vértice da luz nacente,
tras as xanelas que agochan a dor murcha.
Non tremen as follas
da árbore tranquila,
no paraíso doce e fermoso.
Agárdannos días de ledicia.
Un ceo limpo.
Un sorriso de felicidade.
Unha man aberta.
96 lecturas galegoportu karma: 26