Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Sen futuro

Non hai futuro nin infinito
se as mans teñen fame,
se os lobos non ouvean
baixo a póla da árbore.

Sigo a agardar a chuvieira
que enchoupe a miña dor
neste presente noxento,
neste desacougo mol.

Axigántanse as sombras
mentres a lumieira esmorece
e eu encóllome coma a tartaruga
que pola súa liberdade devece.

etiquetas: futuro, incerteza, devecer
6
sin comentarios 117 lecturas galegoportu karma: 45
comentarios cerrados