Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Virar a folla

É tempo de recuncar e de virar a folla.
O meu ollar pérdese
nun horizonte sombrizo de dúbidas e medos.
Esvaran as gargalladas
polos carreiros húmidos
desta cidade do esquecemento.
O chan vólvese circular aos meus pés.
A afastada lembranza do ser
achégase a esta soidade
que penetra polas miñas mans luxadas.

As paredes miran cara min.
Case non lle quedan folgos,
pero aínda latexan.
Agonizan, paseniñamente,
mentres eu vou esmorecendo ao seu carón.

Aceda amargura
bótase por riba de min
con aparellos de rabia.
Noutro tempo espallábase o riso
pola beiramar da miña faciana,
que boureaba libre, sen cordas.


Dun xeito ou doutro,
retornará a ledicia a amedrentar
á estrutura derrubada polo tempo
e será, entón, cando eu construirei a armazón blindada
da miña nova vida.
As agullas virarán o seu sentido,
mergullareime no reloxo dos soños
e o aire traerame
o balbordo doce das ondas
á miña ribeira.
So resta agardar.

etiquetas: virar, cambiar, erguerse
4
sin comentarios 167 lecturas galegoportu karma: 42
comentarios cerrados