Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Volta ao fogar

Percibo a súa silueta
fragmentada no bafo do recordo.
E empéñome en abrazar a súa transparencia.
Ao lonxe deste mundo onírico
agoniza o meu exilio.
Porén, regresa a miña fame de afectos
a rebuscar entre as raíces deste verxel
que os meus ollos contemplan.
E atopo a man da nai,
magoada e comprensiva,
que agarda no niño rompido,
co seu manto vixía de aloumiños.

etiquetas: fogar, nai, raíces
4
sin comentarios 114 lecturas galegoportu karma: 58