Verso clásico Verso libre Prosa poética Relato
Perfil Mis poemas Mis comentarios Mis favoritos
Cerrar sesión

Alumear [Canción dedicada ao Día das Letras Galegas]

Alumea a candea
no berce do riso,
na bágoa da estrela,
na soidade e na leira.

Alumea o corpo
da moza fermosa
no tempo enxoito
de amores tolos.

Alumea a lareira
no frío inverno
de viño e lerias,
de nobres fervenzas.

Alumea o pobo
de raigame vella
no agromar dos soños
co recendo dos mollos.

Alumea a ledicia
das apertas da avoa,
da fresca moreira
acariñando a silveira.

Alumea a candea…
Alumea o corpo…
Alumea a lareira…
Alumea o pobo…
Alumea a ledicia…
E apágase o meu canto.

etiquetas: canción, galego, día, celebración
7
6comentarios 145 lecturas galegoportu karma: 75
#1   Y siempre te felicito por las tuyas, tan hermosas que suenan en esa dulce lengua gallega.
Bo día, amiga!! {0x1f499}
votos: 1    karma: 35
 *   mariaprieto mariaprieto
#2   #1 Muchas gracias, amiga!!!
votos: 1    karma: 35
#3   Bellísimo poema llenó de encanto y arte
votos: 1    karma: 35
#4   #3 Muchísimas gracias! Abrazos.
votos: 0    karma: 15
#5   Tan fermoso teu poema!
votos: 1    karma: 22
#6   #5 Moitas grazas! Apertas.
votos: 1    karma: 22