Alumea a candea
no berce do riso,
na bágoa da estrela,
na soidade e na leira.
Alumea o corpo
da moza fermosa
no tempo enxoito
de amores tolos.
Alumea a lareira
no frío inverno
de viño e lerias,
de nobres fervenzas.
Alumea o pobo
de raigame vella
no agromar dos soños
co recendo dos mollos.
Alumea a ledicia
das apertas da avoa,
da fresca moreira
acariñando a silveira.
Alumea a candea…
Alumea o corpo…
Alumea a lareira…
Alumea o pobo…
Alumea a ledicia…
E apágase o meu canto.
etiquetas: canción, galego, día, celebración 342 lecturas galegoportu karma: 75